Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.537

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a Valentín Santos Reyes.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 20 de setembro de 1994 (BOE do 10-10), para a provisión de unha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Inxeñería Química da Universidade de Vigo, a prol de Valentín Santos Reyes, DNI nº 76.353.365, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Valentín Santos Reyes profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 4 de setembro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-6338