De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 3 de outubro de 1994 (BOE do 25 de outubro) para a provisión da praza número 94/055 de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de medicina preventiva e saúde pública, do departamento de Ciencias da saúde II desta universidade, a favor de Salvador Pita Fernández, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Salvador Pita Fernández, catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de medicina preventiva e saúde pública, do departamento de Ciencias da Saúde II desta universidade.
A Coruña, 28 de agosto de 1995.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
95-06290