Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.534

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 28 de setembro de 1995 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciado por Orde do 19 de xuño de 1995.

Convocada por Orde do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 131, do 10 de xullo) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 131, do 10 de xullo).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decem

bro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO

Apelidos e nome: Felicitas Rodríguez González.

NRP ou DNI: 3459796057A2051.

Posto de traballo: Servicio de Obxección de Conciencia.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Interior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A/B.

Nivel: 28A.

Corpo ou clase: xeral.

9506419