Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.501

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa e Alemana, a Elena Rosa de Prada Creo.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo de data 28 de outubro de 1994 (BOE do 14-11-1994), para a provisión de unha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa e Alemana da Universidade de

Vigo, a prol de Elena Rosa Prada Creo, DNI nº 32.450.653, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Elena Rosa de Prada Creo profesora titular de universidade da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa e Alemana da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 6 de setembro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-6271