Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.493

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1995 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Filosofía, Antropoloxía e Métodos de Investigación en Educación, a Eduardo Abalde Paz.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, de 1 de xuño de 1994 (BOE do 29 de xuño) para a provisión da praza número 94/024 de catedrático de universidade da área de

coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Filosofía, Antropoloxía e Métodos de Investigación en Educación desta universidade, a favor de Eduardo Abalde Paz, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Eduardo Abalde Paz, catedrático de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Filosofía, Antropoloxía e Métodos de Investigación en Educación desta universidade.

A Coruña, 11 de agosto de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

95-06076