Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da subministración consistente na adquisición de material mobiliario, con destino a persoal veterinario, destinado nas axencias de extensión agraria de Galicia.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: adquisición de material mobiliario, con destino a persoal veterinario, destinado nas axencias de extensión agraria de Galicia.

Orzamento: 6.550.000 ptas.

Prazo de execución: 15 días.

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento.

Exposición do proxecto e pregos: o prego de prescricións técnicas, así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles da oficina, na Secretaría Xeral, (Servicio de Contratación), da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica for

mularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela) o en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 2 de novembro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 6 de novembro de 1995, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

6415