Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.473

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (100/1995).

Mª Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xustiza gratuita número 100/1995, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xustiza gratuita número 100/1995, seguidos perante este xulgado, formulando demanda o procurador Raniero Fernández Pérez, designado en quenda de oficio co letrado Alfredo Míguez Caxade, en nome e representación de Marina María Pérez Treviño, co fin de litigar gratuitamente contra Francisco Valeiras Sánchez, en procedemento de separación conxugal e actualmente en ignorado paradoiro.

Decido que admitindo a demanda promovida polo procurador Raniero Fernández Pérez, en nome e representación de Marina María Pérez Treviño, debo recoñecer e recoñezo o dereito a xustiza gratuíta para litigar con Francisco Valeiras Sánchez, declarado procesualmente en rebeldía, en xuízo de separación conxugal, sen facer expresa imposición das custas procesuais. Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor perante este xulgado recurso de apelación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

E, para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Francisco Valeiras Sánchez, expido,

selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-6257