Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.473

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (194/1994).

En Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1995, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que, con data de de novembro de 1994, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou sentencia no xuízo de faltas seguido neste xulgado con referencia nº 194/1994, no que actuaron como partes, dun lado o Ministerio Fiscal en representación da acción pública; doutro, como denunciante e denunciada José Jorge Raña Calvo e María Luisa Castiñeira García, que ten a parte dispositiva seguinte:

«Que debo absolver e absolvo a María Luisa Castiñeira García polos feitos obxecto das presentes dilixencias, con declaración das custas de oficio».

E así o fago constar e emito a presente cédula para a súa notificación ó denunciante, José Jorge Raña Calvo, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoo de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado consonte o disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACR.

Rubricado

95-6232