Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a adquisición e montaxe de material soporte para arquivo de documentación (expediente 10/1995).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

Subministración: material soporte para arquivo de historias clínicas e a sua montaxe.

Orzamento: l23.700.000 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 474.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Prazo de execución: a entrega da subministración e a instalación realizarase no prazo máximo de un mes, desde a notificación da adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo dispón o artigo 16.1º a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase conforme dispón o artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Prazo de execución: ata 3 puntos.

2. Calidade: ata 2,5 puntos.

3. Prezo: ata 2,5 puntos.

4. Características estéticas e funcionais: ata 1 punto.

5. Asistencia técnica (na instalación): ata 1 punto.

Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas ou ó teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral as 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que concida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 14 de setembro de 1995.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

95-06370