Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.418

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 setembro de 1995 pola que se nomean os compoñentes titulares e suplentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

A Constitución española inclúe entre outros dereitos o referido a desfrutar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa. Pola súa vez, o Estatuto de autonomía de Galicia establece como competencia exclusiva da Comunidade Autónoma as normas adicionais sobre protección do medio ambiente e da paisaxe, nos termos do artigo 149.123º, da nosa lei fundamental.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, desenvolve o artigo 28 da Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia, polo que se crea o órgano consultivo da Administración ambiental autonómica coa denominación citada. Tal precepto non fai máis que recolle-lo crecente sentir social que se estivo a formar arredor da necesaria participación de todos na defensa do noso medio.

O artigo 3 do Decreto 155/1995 sinala a composición do consello que, xunto ós membros natos que se mencionan, fai referencia a representantes de diferentes estamentos ou sectores da sociedade con especial vinculación coa protección do medio ambiente. Por esta razón, faise necesario o nomeamento dos vocais titulares e suplentes que previamente foron propostos polas organizacións respectivas, o que é obxecto desta orde, en aplicación do disposto na disposición derradeira primeira.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.-Por proposta das organizacións respectivas, designanse vocais do Consello Galego do Medio Ambiente ós que fai referencia o artigo 3 do Decreto 155/1995, as persoas que a continuación se relacionan:

Polas organizacións de defensa medioambiental:

Manuel Soto Castiñeira como titular e Elvira Cienfuegos López como suplente; ambos en representación de ADEGA.

Serafín González Prieto como titular e Xusto Calvo Peña como suplente; ambos en representación da Sociedade Galega de Historia Natural.

Pablo Rodríguez Fernández como titular e José Sánchez Moreiras como suplente; ambos en representación de Ridimoas.

Francisco Lueiro García como titular e Francisco Gómez Vaamonde como suplente; ambos en representación de Arco Iris

Victoria Rozados Fernández como titular e Mercedes Rozas Caeiro como suplente; ambos en representación da Sociedade Protectora de Animais e Plantas

Polos sindicatos:

Antolín Fernández Álvarez como titular e Ramiro Oubiña Parracho como suplente; ambos en representación de CIG.

Francisco Javier Montero Dongil como titular e José Pita López como suplente, ambos en representación de CC.OO.

Manuel Barbeitos Alcántara como titular e Manuel Martínez Barreiro como suplente; ambos en representación de UGT.

Polas organizacións de consumidores:

Mª Luz Pérez Quintela como titular e Begoña Bonet Diez como suplente; ambos en representación da Federación Gallega de Asociaciones de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios Brétema.

Pola confederación de empresarios de Galicia:

Francisco Rodríguez García, Manuel Ferreiro Fernández, Alfredo Caruncho Carro como titulares e Francisco Outeiral Viana, Severino González Álvarez, Fausto Santamarina Fernández como suplentes

Polas universidades de Galicia:

Esther Fernández Fernández como titular e Dario Prada Rodríguez como suplente; ambos en representación da Universidade da Coruña.

Sergio Casas Fernández como titular e Florencio Arce Vázquez como suplente; ambos en representación da Universidade de Santiago de Compostela.

Ana Gago Martínez como titular e José María Fernández Álvarez como suplente; ambos en representación da Universidade de Vigo.

Polos municipios e provincias:

Xosé Luis Torres Colomer e Eladio Pérez Moure como titulares e Eliseo Fernández Gómez e Jesús Villamor Calvo como suplentes; en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Julio Sacristán de Diego e José Luis Rodríguez Lorenzo como titulares e Ignacio Codesido Barreiro e Juan Gato Díaz como suplentes; en representación da Federación de Concellos Galegos.

Como expertos designados polos órganos autonómicos sectoriais:

Tomás Fernández-Couto Juanas como titular e Javier Turrillo Montiel como suplente; pola área ambiental de medio ambiente natural.

Xosé Manuel Romarís Pais como titular e Juan Pérez Pazó como suplente; pola área ambiental de augas marítimas.

Fidel Ruíz Ortiz como titular e Félix Peletero Porras como suplente; pola área ambiental de política agraria

Bieito Pérez Outeiriño como titular e Mª Jesús Tallón Nieto como suplente; pola área ambiental de patrimonio histórico.

Francisco Peña Castiñeira como titular e María F. Pereira dos Santos como suplente; pola área ambiental de sanidade ambiental.

José Manuel Taure Menéndez como titular e Agustín Hernández Fernández de Rojas como suplente; pola área ambiental de augas continentais.

Vicente Ruíz Soldevilla como titular e Hipólito Pérez Novo como suplente; pola área ambiental de ordenación do territorio.

Jaime Varela Losada como titular e Carlos Menéndez Suárez como suplente; pola área ambiental de protección da atmosfera.

Santiago Meizoso Permuy como titular e Ramón Fernández-Linares Bouza como suplente; pola área ambiental de contaminación industrial.

Carlos Lefler Gullón como titular e Isabel Vallejo Novoa; pola área ambiental de educación ambiental.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

O Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

95-6383