Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

BASES para a provisión en propiedade dunha praza de cabo da policía local do Concello de Tomiño (Pontevedra), mediante concurso de méritos.

1. Normas xerais.

O obxecto da presente convocatoria é a provisión en propiedade da praza de cabo da policía local por promoción interna, mediante concurso de méritos, clasificada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, actualmente vacante no cadro de persoal deste concello, coa dotación correspondente ó grupo D, e demais retribucións complementarias outorgadas pola corporación do concello.

2. Requisitos e procedemento de selección.

O sistema será a promoción interna mediante concurso restrinxido entre o persoal de gardas da respectiva categoría inmediatamente inferior que cumpran os seguintes requisitos:

-Ter cumprido no corpo da policía local de Tomiño un período mínimo de servicios de 3 anos.

-Estar en posesión do carné de conducir de clase B2.

-Estar en posesión do título de graduado escolar ou formación profesional de primeiro grao.

-Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desempeño das funcións propias da praza.

-Non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas nin atoparse separado do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario.

Os requisitos anteriormente descritos terán que posuí-los os aspirantes antes de remata-lo prazo de presentación de instancias, e terán que continuar coa súa posesión durante todo o proceso selectivo.

3. Solicitudes.

As solicitudes para tomar parte no concurso oposición deberán facerse mediante instancia dirixida ó alcalde presidente do concello na que se fará constar que reúne tódolos requisitos esixidos na convocatoria e se compromete, no caso de obte-la praza, a prestar xuramento ou promesa conforme o Decreto 70/1979, do 5 de abril.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG.

As intancias tamén poderán presentarse na forma prevista no artigo nº 38 nº 4 e 6 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.2. As instancias deberán xuntarse coa documentación acreditativa dos méritos alegados de conformidade coas presentes bases.

A falta ou defectos de acreditación dos méritos determinarán a imposibilidade da valoración destes.

4. Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o concello fará pública a lista de admitidos e excluídos que será publicada no BOP, e outorgará un prazo de 15 días para a presentación de reclamacións.

5. Composición e actuación do tribunal.

5.1. Do mesmo xeito, na citada resolución faranse públicas as persoas que, de conformidade coas presentes bases que formarán parte do tribunal, así como día, lugar e hora no que se iniciará o proceso selectivo.

Os membros do tribunal serán designados de conformidades co disposto no R.D. 861/1991, do 7 de xuño, e a súa composición farase pública de acordo co establecido na base anterior.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na Lei 30/1992 anteriormente mencionada.

5.2. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presencia de polo menos a metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

5.3. O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan en aplicación das presentes bases así como nos casos non previstos nas normas.

5.4. Para os efectos de asistencia dos compoñentes do tribunal nestas probas, estas terán as categorías que establece o R.D. 236, do 4 de marzo.

5.5. O tribunal cualificador constituirase da seguinte forma:

Presidente: o da corporación ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Vocais: un representante da Administración autonómica, un concelleiro nomeado pola alcaldía, un funcionario de carreira desta corporación.

6. Procedemento de selección.

6.1. Consistirá en dúas fases: a primeira de concurso e a segunda nunha entrevista.

Na fase de concurso, o tribunal valorará e de conformidade co baremo que figura na presente convocatoria, os méritos debidamente alegados polos aspirantes e coa puntuación que as bases recollen.

Inmediatamente despois da fase de concurso, o tribunal celebrará unha entrevista relacionada cos labores que se van desempeñar e que será valorada polo citado tribunal cun máximo de dous puntos.

6.2. Rematada a celebración das probas, o tribunal fará pública a súa proposta no taboleiro de edictos do concello coa puntuación obtida polo aspirante proposto polo citado órgano e non se poderán declarar máis aprobados que prazas para cubrir.

A citada proposta será remitida á alcaldía do concello para que este, se é o caso, faga o nomeamento correspondente.

7. Presentación de documentos e toma de posesión.

7.1. Os concursantes presentarán na secretaría desta corporación e dentro do prazo de 20 días naturais a partir da publicación da proposta do tribunal, os documentos acreditativos das condicións esixidas na base 2ª para tomar parte na presente provisión.

7.2. Cumpridos os anteriores trámites, o funcionario seleccionado será nomeado funcionario en prácticas e de conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, terá que superar un curso de formación teórico-práctica na Academia Galega de Seguridade co fin de poder tomar posesión da citada praza.

Tanto para o nomeamento de funcionario en prácticas como para funcionario de carreira o aspirante seleccionado, terá que tomar posesión no prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da notificación do nomeamento.

ANEXO I

BAREMO DE MÉRITOS

-Por posuí-lo título de iniciación á lingua galega expedido pola Xunta de Galicia: 1 punto.

-Por asistencia a cursos que signifiquen un perfeccionamento profesional a xuízo do tribunal: 0,50 puntos ata un máximo de 2 puntos.

Modelo de instancia para tomar parte no concurso.

Don/Doña... policía local deste concello con DNI nº..., expón:

Que no DOG... con data nº... se recolle a convocatoria do Concello de Tomiño do concurso de méritos para prover en propiedade unha praza de cabo da policía local e, como queira que quen subscribe reúne todas e cada unha das condicións sinaladas no concurso é polo que:

Solicita que teña por presentado este escrito e admita a persoa que subscribe ó mencionado concurso de méritos para os que achega os seguintes documentos acreditativos destes:

Documentos:

Así mesmo, fai constar que, no caso de ser nomeado/a e no momento da súa toma de posesión, se compromete a prestar xuramento ou promesa na forma prevista no R.D. 707/1979, do 5 de abril.

Tomiño, 5 de xullo de 1995.

O alcalde

Rubricado

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.