Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1995 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración e instalación de equipos para os talleres dos Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da subministración e instalación de equipos para os talleres dos Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol.

1. Entidade contratante: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), r/ Frei Rosendo Salvado, 16 - baixo, 15701 Santiago de Compostela, telf: (981) 54 11 87, fax: (981) 59 04 67.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público aberto.

3. Obxecto do contrato: subministración e instalación dos seguintes equipos nos Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol:

Lote 1: equipamento do taller de tecnoloxías de unión (soldadura).

Lote 2: equipamento do taller de deseño.

4. Orzamento máximo de licitación: 15.500.000 ptas. (IVE incluído), distribuído entre os diferentes lotes como se detalla a continuación.

Lote 1: 7.000.000 de ptas.

Lote 2: 8.500.000 ptas.

5. Adxudicación: a adxudicación realizarase por lotes completos, podendo os licitadores presentar ofertas para ambos lotes ou para un só.

6. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de claúsulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas estarán de manifesto na sede do Instituto Galego de Promoción Económica, sita en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela (A Coruña), así como nas súas delegacións de Ferrol e Vigo durante o prazo de presentación de

proposicións os días e horas hábiles de oficina.

7. a) Data límite de recepción de ofertas: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado.

8. Apertura de proposicións: en acto público ás 12 horas o terceiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. a) Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

10. Documentos que deben aporta-los licitadores: os indicados no prego de claúsulas administrativas particulares.

11. Medios de xustificación da solvencia ecónomica e financeira:

Declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións ou traballos realizados nos tres últimos exercicios.

12. Medios de xustificación da solvencia técnica do empresario:

-Relación das principais subministracións nos tres últimos anos, indicando importe, datas e destinatario.

-Descrición e medios técnicos da empresa e indicación das unidades técnicas implicadas no contrato.

-Descricións detalladas dos productos que se van subministrar.

13. Criterios de adjudicación: os establecidos no prego de claúsulas administrativas do concurso.

14. Outras informacións: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1995.

Jorge González Gurriarán

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

95-6344