Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, para a contratación da subministración de diverso material informático para a dotación do Servicio de Información Pesqueira (SIP), polo procedemento aberto por concurso.

-Obxecto: adquisición de diverso material informático para dotación do Servicio de Información Pesqueira (SIP).

-Prazo de execución: un (1) mes.

-Orzamento: 8.000.000 de ptas.

-Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (Rúa do Sar, nº 75, Santiago de Compostela), ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

-Prazo de presentación de proposicións: proposicións terán que presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do primeiro día hábil no que se cumpran vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

-Apertura de proposicións: en acto público ás 12 horas do primeiro día hábil no que se cumpran cinco días naturais, contados desde a data seguinte o remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, a apertura será ó día seguinte hábil.

-Documentación que deben achega-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario que deberá abonar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1995.

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

95-6341