Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 8 de setembro de 1995, acordou a aprobación da información urbanística e do avance do plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Baiona e a súa exposición pública no prazo de un mes para que cantos o consideren oportuno poidan presentar suxerencias ou aclaracións á dita documentación.

Baiona, 13 de setembro de 1995.

Manuel Ramón Vilar Vázquez

Alcalde

95-06240