Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para contrata-la subministración da ampliación da rede de comunicacións da E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicacións, Facultade de Ciencias Económicas, CUVI e E.T.S. de Enxeñeiros Industriais do Campus de Lagoas-Marcosende e da E.U. de Estudios Empresariais e E.U. de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo-Centro (expediente número 42/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público, polo procedemento aberto, da subministración que a continuación se indica:

Obxecto: ampliación da rede de comunicacións da E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunciacións, Facultade de Ciencias Económicas, CUVI, E.T.S. de Enxeñeiros Industriais do Campus de Lagoas-Marcosende e da E.U. de Estudios Empresariais e E.U. de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo-Centro (expediente número 42/1995).

Orzamento de licitación: 31.320.000 ptas. IVE incluído.

Garantías: provisional, 2% do importe de licitación; definitiva, 4% do importe de licitación.

Prazo de entrega: mes e medio, segundo o indicado no prego de cláusulas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2ª planta C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1, planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación: o prazo de para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Documento que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, rúa Oporto, 1, Vigo (Pontevedra), ás 11 horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de propostas (en caso de cadrar en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da capacidade de obrar e das condicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

-Capacidade de obrar: acreditarse de acordo co disposto no prego de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes: informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Tratándose de sociedades presentación de balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidos.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que se van a subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, o seu importe, datas e destino público ou privado, incorporando os correspondentes certificados deles.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que se van a subministrar fíxase nun ano. Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe desde anuncio correrá por conta da/s empresa/s adxudicataria/s.

Vigo, 22 de setembro de 1995.

Resolución 13-3-1995

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

95-06117