Producido o extravío do resgardo do depósito definitivo nº 527/1989 de data 2-10-1989, por importe de 615.603 ptas., constituído mediante aval bancario na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a EXTRACO, S.A. e á disposición da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas para responder das obrigacións derivadas do cumprimento do contrato das obras de (OR-89 R.E.P.-2) reparación e correccións de humidade, acondicionamento mellorando illamentos, gretas e pintado de 64 vivendas no 21-Ourense, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis
demora nesta delegación territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38 entreplanta.
Se transcorrido o prazo de dous meses, a contar desde a data da publicación do presente anuncio, non se presentase, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante da Administración nin perante terceiros.
Ourense, 13 de setembro de 1995.
José Luis Cudeiro Villarino
Delegado territorial de Ourense
95-6201