Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.321

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de setembro de 1995 pola que se fai pública a lista dos opositores seleccionados no proceso selectivo convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), para ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a adquisición de novas especialidades.

De conformidade co disposto no punto 50 da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), os órganos de selección remitiron á Dirección Xeral de Persoal a relación de aspirantes seleccionados, por orde de puntuación, e á vista de dita relación, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, no anexo I que se xunta, por especialidades e número de orde nesa especialidade, a relación dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso no corpo de mestres.

Segundo.-Facer pública, no anexo II que se xunta, por especialidades, a relación de aspirantes que acadaron unha nova especialidade.

Terceiro.-O destino que obteñan os opositores que se relacionan no anexo I desta orde terá carácter provisional, e estarán obrigados a participar, no seu momento, nos seguintes concursos de traslados que se convoquen ata obteren destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarto.-Os que, por estaren cumprindo o servicio militar, por xestación ou por outra causa, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da súa incorporación á fase de prácticas, unha vez que sexan chamados, deberán solicitalo por escrito

perante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Quinto.-Entenderase que renuncian ó procedemento selectivo os opositores seleccionados que non se incorporen ó destino obtido no prazo de 5 días, unha vez coñecido.

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9506114