Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.320

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de setembro de 1995 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-las probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas.

Convocadas as probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, pola Orde do 24 de setembro de 1994, publicada no DOG nº 206, do 25 de outubro, de conformidade co establecido na base IV.I da dita convocatoria, a Consellería da Presidencia e Administración Pública,

DISPÓN:

O número e composición do tribunal que deberá selecciona-los aspirantes para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas será o seguinte:

Presidenta: Margarita Rodríguez Rama, directora xeral de Presupostos da Consellería de Economía e Facenda.

Vocais:

José Antonio Gómez Segade, catedrático de universidade.

Juan J. Gallego Fouz, asesor xurídico da Consellería de Economía e Facenda.

Ignacio Orriols Fernández, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Mª Oliva Pérez Roca, xefa do Servicio de Custos de Persoal, da Consellería de Economía e Facenda.

Suplentes:

Presidente: Gonzalo Luis Vázquez Rivas, delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo.

Vocais:

Enrique Moldes Teo, catedrático de universidade.

Víctor M. Vázquez Seijas, asesor xurídico da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Juan Conde Fontao, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Mª Luz Roura Roig, xefa do Servicio de Xestión Administrativa e Persoal na Secretaría Xeral para o Turismo.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

95-06262