Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación do servicio que se cita (expediente 652/1995).

O expediente foi declarado de tramitación urxente por Resolución do 19 de setembro de 1995.

-Expediente número: 652/1995.

Obxecto: redacción dun proxecto de dotación ou reforma de infraestructuras. F. Farmacia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 4.000.000 de ptas. IVE engadido.

Garantía provisional: 80.000 ptas.

O prego de cláusulas administrativas particulares recollerase na Sección de Xestión e Contratación, edificio administrativo Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade (Rectorado, praza do Obradoiro, s/n, ou no rexistro do Campus Universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n, pavillón 4 do complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6. Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1995.

P.D. (Resolución 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1995

(Decreto 335/1994, do 3 de novembro,

DOG do 10 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 300 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 600 pesetas/liña de 54 espacios.