Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos administrativos que se citan.

O director xeral de Servicios Sociais, actuando en nome do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais,

por delegación de atribucións segundo a Orde do 7 de maio de 1994, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Equipamento asistido para a residencia da 3ª idade de Bande (Ourense).

Adxudicatario: Puga Equipamentos, S.L.

Orzamento: 5.597.200 ptas.

-Reparación e acondicionamento da residencia da 3ª idade de Oleiros-3ª fase.

Adxudicatario: Cubiertas y MZOV, S.A.

Orzamento: 399.829.694 ptas.

-Equipamento asistido para a residencia da 3ª idade de Viana do Bolo (Ourense).

Adxudicatario: Muebles Torrado, S.L.

Orzamento: 15.083.866 ptas.

O que se fai pública de acordo co disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1995.

Manuel Aguilar López

P.D. (Orde 7-5-1994)

Director xeral de Servicios Sociais

6102