Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.295

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (26/1994).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo executivo nº 26/1994, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e cinco. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz

do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo seguidos perante este xulgado co nº 26/1994, promovidos por Banco Gallego, S.A., representado polo procurador Caamaño Queijo e dirixido polo letrado Jesús M. Udaondo, contra Arturo López Carbia e Mª del Pilar Pereira Álvarez, con domicilio en Avenida Mahía nº 148, portal 1-3-B (Ames), declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Arturo López Carbia e Mª del Pilar Pereira Álvarez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.250.507 ptas., importe do principal e ademais ó pagamento dos xuros e as custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interporse neste xulgado e perante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia previa publicouna o maxistrado-xuíz que a subscribe no mesmo día da súa data; e, para que conste e lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6251