Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se outorga a concesión de explotación Faro número 2382.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria do 29-6-1995, outorgouse a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Faro número 2382 dunha cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental que se sitúa no termo municipal de Salceda de Caselas da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 17 de xullo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9506061