Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1995, do Grupo de Portos A Coruña Norte, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de Casetas no Barqueiro.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas do 7 de novembro foi aprobado o proxecto das obras de Casetas no Barqueiro, e sometido a información pública por Resolución do 1 de marzo de 1995.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia do día 16 de xuño, declárase a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra, a efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do seu regulamento.

Para tal efecto convócase ós propietarios e titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación que se xunta, así como exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Mañón, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla ó final desta reso

lución, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación dos mesmos, que recollerán os datos necesarios para a valoración previa e oportuna taxación, sen prexuízo do traslado ó lugar dos predios afectados se se considerase oportuno.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podendo acompañarse, pola súa conta, se o estimasen oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa e no seu regulamento, ábrese información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito perante este Grupo de Portos Coruña Norte da Xunta de Galicia, sito na Avda. Alférez Provisional, nº 1-1º, A Coruña, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los bens afectados.

RELACIÓN

Lugar: concello de Mañón.

Día: 10 de outubro, ás 10 horas.

Ben afectadoPropietarioSuperficie (m)

Predio nº 1Cesareo Fondevila Paleo10,00
Predio nº 2Teresa Díaz Montero20,00
Predio nº 3Josefa Martínez Basanta26,00
Predio nº 4Rosa Meda Pereira118,00
Predio nº 5Margarita Real Castro55,00
Predio nº 6Antonio Pena Maragoto45,00
Predio nº 7Antonio Talín Teijeiro130,00

A Coruña, 30 de agosto de 1995.

Manuel García Blanco

Enxeñeiro xefe do Grupo de Portos A Coruña Norte

9506050