Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do l8 de setembro de l995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a licitación das obras de construcción da sede da Academia Galega de Seguridade na Estrada.

Obxecto do contrato: construcción da sede da Academia Galega de Seguridade.

Orzamento: l.285.975.606 pesetas.

Prazo de execución: 24 meses a partir do seguinte día ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Presupostario), os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.

As copias da documentación e proxecto poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L. r/ Rosalía de Castro, 5l - baixo, Santiago de Compostela l5703, teléfono (98l) 59 78 55, mediante aboamento do seu importe.

Fianza provisional: 25.7l9.5l3 ptas.

Fianza definitiva: 5l.439.026 ptas.

Clasificación que se esixe: grupo A-subgrupo A 2; grupo C-subgrupos C 2, C 4 e C 7; grupo G-subgrupo G 4.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se adxunta no anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobres pechados, lacrados e asinados polo licitador no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela, antes das l4 horas do nove de novembro de mil novecentos noventa e cinco; cando a proposición se envíe por correo, urxente, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais,sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela, ás l2 horas do quince de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais da Comunidade Europea: dezaoito de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Santiago de Compostela, l8 de setembro de l995.

P.D. (Orde l3-l2-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais