O artigo 2.4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais a trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de cuarcita Lucy, situada na parroquia de feirarúa, no concello da Pobra de Brollón, provincia de Lugo.
2.-Para os oportunos efectos informativos, porase a disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.
-Concello da Pobra de Brollón.
3.-As alegacións formularanse durante o prazo de quince días.
4.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente, coas correspondentes alegacións, á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 1995.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario Xeral da Comisión Galega
do Medio Ambiente
6208