Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

Aprobado por acordo plenario de data 26 de maio de 1995 o prego de cláusulas administrativas que rexerán o contrato de asistencia no proceso de alleamento das vivendas municipais do barrio de Recimil, exponse ó público, durante 8 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para a presentación de reclamacións.

Asemade, nos termos do artigo 122 do R.D.L. 781/1986, anúnciase concurso para a adxudicación do citado contrato abríndose un prazo de 20 días hábiles para a presentación de proposicións, prazo que empezará a contar desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Obxecto do contrato: a asistencia no proceso de alleamento das vivendas municipais do barrio de Recimil, segundo detalle de prego de cláusulas, que de forma sucinta supón:

a) Xestión da individualización xurídica das vivendas.

b) Taxación pericial de cada unha das vivendas que serán obxecto de alleamento.

c) Apoio ós servicios municipais na fase de alleamento.

Orzamento do contrato: o importe dos traballos que se van realizar fíxase nas cantidades seguintes:

a) Fases de individualización xurídica das vivendas, valoración delas e preparación da información para a súa venda: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.).

b) Fase de apoio ós servicios municipais para o alleamento das vivendas: corenta mil pesetas (40.000 ptas.) vivenda/alleada.

Nas cantidades indicadas no apartado 3.1 inclúense IVE, gastos xerais, beneficio industrial e cantos gastos, de calquera natureza, corran por conta do contratista.

Prazos do contrato: a fase primeira executarase no prazo de dous meses contados desde a data de formalización do contrato.

A confección da información das vivendas para a venda executarase dentro dos quince días seguintes ó da data en que lle fose notificada ó contratista a aprobación da taxación pericial.

A terceira fase executarase no prazo de seis meses, contados desde a finalización da segunda.

Sistema de selección do contratista, modo de presentación das ofertas e modelo de proposición:

A selección do contratista efectuarase mediante o procedemento de concurso aberto.

Os licitadores presentarán as súas proposicións en dous sobres cerrados, que poderán estar lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente. O sobre A conterá exclusivamente a proposición económica, conforme o modelo que establece o parágrafo seguinte, e o sobre B a documentación esixida para participar na licitación, facendo constar na parte externa de cada un deles o seu respectivo contido e, en ambos, o nome do licitador.

As proposicións económicas do licitadores axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona..., domiciliado/a en..., maior de idade, con DNI número..., actuando en nome propio ou en representación de... (se actúa en representación doutra persoa natural ou xurídica farase consta-lo apoderamento ou representación) comprométese a realiza-los traballos e servicios de asistencia no proceso de alleamento das vivendas de propiedade municipal do barrio de Recimil a que se refire o anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado de ..., nas condicións seguintes:

a) Fases primeira e segunda...millóns de pts., que representa unha baixa de ... pts., respecto do tipo de licitación. (Consigna-las cantidades en letra e en cifras).

c) Fase terceira... pesetas/vivenda alleada, que representa unha baixa de... pts., respecto do tipo de licitación. (Consigna-las cantidades en letra e en cifras).

E de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación, as cales coñece e acepta expresamente na súa totalidade.

Lugar, data e sinatura.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse directamente e en man no rexistro xeral do Concello de Ferrol, dentro dos vinte días hábiles seguintes ó da publicación do anuncio de convocatoria de licitación no Boletín Oficial del Estado, en horas de 9 a 13. Se o último día coincidise en sábado, o prazo rematará ás trece horas do seguinte día hábil.

Documentación xeral: no mesmo acto de entrega da proposición económica, os licitadores presentarán o sobre B coa documentación que a seguir se detalla nunha carpeta encadernadora e pola seguinte orde:

1) Certificación expedida polo Rexistro de Empresas Consultoras e de Servicios, acreditativo de se encontrar clasificada no grupo III, subgrupo 3 e categoría B.

2) Certificacións expedidas polos órganos competentes da Tesourería Xeral da Seguridade Social e do Ministerio de Economía e Facenda, acreditativas de se encontrar ó corrente no cumprimento das obrigas en materia de Seguridade Social e tributaria impoñen as disposicións vixentes para contratar coas administracións públicas.

Estas certificación poden substituírse por declaración responsable perante unha autoridade xudicial ou administrativa ou notario público, sendo ineficaces as efectuadas en maneira distinta. O que resultase adxudicatario terá que se presenta-las certificacións antes da adxudicación definitiva do contrato.

3) Carta de pagamento expedida pola Tesourería do Concello de Ferrol, acreditativo de se ter constituído na mesma fianza provisional por importe de 300.000 ptas.

4) Fotocopia autenticada, notarial ou administrativamente, do DNI do licitador, cando se trate de empresarios individuais.

5) Poder verificado na súa suficiencia polo secretario da corporación, cando o licitador actúe en representación dunha persoa natural ou xurídica, debendo neste último caso de se encontrar inscrito no Rexistro Mercantil.

6) Escritura de constitución ou modificación da sociedade, inscrita no Rexistro Mercantil, cando o licitador sexa unha sociedade mercantil.

7) Declaración expresa do licitador de non se encontrar incurso en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade para contratar previstas nos artigos 9 da Lei de contratos do Estado, 4 e 5 do Regulamento de contratación das corporacións locais.

8) Cando o licitador sexa unha sociedade, presentarase unha declaración do director xerente, conselleiro delegado ou administrador na que se faga constar:

a) Que ningunha das empresas enumeradas no artigo 5 do Regulamento de contratación das corporacións locais posúe máis do 10 por cento dos títulos representativos do capital social ou dos beneficios, nin ostenta nela cargo directivo.

b) Que non forma parte dos seus órganos de goberno ou administración ningunha persoa a que se refiren as leis 25/1983, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades de altos cargos e 53/84, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

9) Memoria acreditativa da solvencia técnica, económica e organizativa do licitador e dos seus medios persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato, para o efecto da cal especificará cales deles adscribe para tal fin, con determinación da súa cualificación profesional e da súa experiencia na prestación de servicios ou actividades iguais ou análogas ás do obxecto do contrato.

En calquera caso, o licitador incluirá dentro da memoria a documentación xustificativa que acredite que o persoal que efectúe e asine as valoracións se encontra en posesión da titulación que o autorice ou habilite para efectuar taxación pericial de bens inmobles de carácter urbano e que posúe experiencia abonda.

Apertura de ofertas: no lugar, día e hora sinalados no anuncio do concurso levarase a cabo a apertura de plicas, que se celebrará de conformidade co disposto no artigo 34 e seguintes do Regulamento de contratación das corporacións locais, coas especificacións previstas no artigo 40 do mesmo texto regulamentario.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

Dictame das proposicións e adxudicación do contrato: os criterios que haberán de terse en conta para valora--las ofertas e adxudica-lo contrato serán os seguintes:

a) Oferta económica.

b) Experiencia na prestación de actividades e servicios iguais ou análogos ás do obxecto do contrato.

c) Medios persoais e cualificación dos mesmos, que se adscriban á realización do contrato.

d) Menor prazo para a realización das diferentes fases.

e) Solvencia técnica, económica e organizativa.

f) Outras melloras, dentro do límite establecido no presente prego.

Garantías ou fianzas e formalización do contrato: a garantía ou fianza provisional fíxase na cantidade de 300.000 ptas. e a definitiva na cantidade do 4% do orzamento, podendo unha e outra constituírse en calquera dos instrumentos autorizados polo Regulamento de contratación das corporacións locais, incluído o aval bancario ou de Caixa de Aforros.

Exposición do expediente: para calquera consulta relativa á presente licitación queda posto de manifesto o expediente administrativo na Sección de Facenda e Patrimonio.

Ferrol, 9 de xuño de 1995.

O alcalde

Rubricado