Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.193

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de setembro 1995 pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para a concesión do título licencia de axencias de viaxe.

A actividade administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública entraña unha concentración de funcións no seu titular que aconsella, dado o seu volume, recorrer á delegación de competencias noutros órganos administrativos, sen que iso implique un esquecemento do respecto ós principios que informan a actividade administrativa e que a nosa Constitución recolle no seu artigo 103.1º.

A delegación de competencias permite a axilización administrativa necesaria que redunde tanto en beneficio da Administración como dos administrados, dentro do máis rigoroso respecto das garantías xurídicas que a tutela dos intereses públicos esixe.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 43.3º. da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Delégase no secretario xeral para o Turismo a competencia para a concesión de títulos-licencias de axencias de viaxe, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Arigo 2º

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación conferida pola presente orde farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade delegante.

Artigo 3º

En calquera momento, o conselleiro poderá reclama-lo exercicio da competencia que se delega por esta orde, da que quedan excluídos, en todo caso, os supostos previstos no artigo 13.2º. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 42.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido na presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6015