Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de urbanización da unidade de execución U.E.1 A Lagoa-Sobradelo.

Na sesión plenaria do día 11 de agosto de 1995, aprobouse o proxecto de urbanización da unidade de execución U.E.1 A Lagoa-Sobradelo, e o proxecto de parcelación da referida unidade de execución-terreo de titularidade municipal promovidos pola entidade Gestión e Desarrollo Urbano, S.A. como adxudicataria no seu día do convenio-concerto para a construcción de vivendas de protección oficial na Lagoa-Sobradelo.

Sométese a exposición pública o proxecto de urbanización polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello.

O acordo de aprobación será definitivo se non se presentan alegacións ou de presentarse, fosen desestimadas.

A documentación atópase na secretaría do concello.

Carballeda de Valdeorras, 21 de agosto de 1995.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa

5760