Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 21 de setembro de 1995 Páx. 7.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de material para o proxecto de intercambio de xiringas.

Obxecto e orzamento: subministración de material para o proxecto de intercambio de xiringas, polo importe máximo de 14.000.000 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: ver cláusula 2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Saúde Pública, Avda. do Camiño Francés, 10 baixo, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do undécimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate

o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

95-05923