Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e centro de seccionamento Aimen, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L 13.25 entre os CC.TT. A Relva e polígono Torneiros ata o centro de seccionamento de Aimen, concello do Porriño.
Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, a 15/20 kV, de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Centro de seccionamento Aimen.
Orzamento: 1.978.227 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 14 de agosto de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-06011