Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 20 de setembro de 1995 Páx. 7.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado liña a M.T. a C.T. Mosteiro, concello de Vigo, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 134/1991 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co nº 6 do artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, faise saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 221/1995, do 13-7-1995 (DOG nº 142, do 26-7-1995), que, nos días e hora que abaixo se relacionan, o representante da Administración dará comezo ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación, correspondentes os predios situados no concello de Vigo, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan previndo os ditos interesados de que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal, o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén, de que nos ditos

actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa conta, se así o estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

LiñaPrediosDataHoraConcello

Mosteiro1 a 255-10-199511Vigo
Mosteiro27 a 636-10-199511Vigo

Vigo, 30 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6126