Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de dez cabeceiros para UCI e dez centrais de chamadas para os postos da enfermería.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG número 191, do 3 de outubro), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de dez cabe

ceiros para UCI e dez centrais de chamadas para os postos da enfermería.

Obxecto e orzamento: a subministración de dez cabeceiros para UCI (lote nº 1) por un orzamento máximo de catro millóns duascentas mil pesetas (4.200.000 ptas.), e de dez centrais de chamadas para os postos da enfermería (lote nº 2), por un orzamento máximo de seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.).

Prazo de entrega: os equipos obxecto do presente concurso deberán de ser entregados no prazo de un mes no complexo hospitalario.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. Teléfono (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de 84.000 ptas. para licitar polo lote número 1, e de 120.000 ptas. para licitar polo lote número 2, e unha fianza definitiva do 4%. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mismo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 7 de agosto de 1995.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo