Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.058

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de setembro de 1995 pola que se autoriza provisionalmente o centro autorizado de música Obradoiro da Coruña para imparti-las ensinanzas de grao medio de música establecidas na Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo.

Visto o expediente de solicitude formulado por José Varela Núñez en calidade de director-xerente do centro autorizado de grao elemental Obradoiro.

Vistos os informes emitidos polos servicios técnicos provinciais.

Considerando que o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, establece na súa disposición transitoria terceira 1., a posibilidade de solicitar e obter autorización, par imparti-las ensinanzas de grao medio correspondentes á nova ordenación do sistema educativo, por parte dos centros docentes privados recoñecidos para a impartición das ensinanzas de música de grao medio no momento da súa entrada en vigor, sempre que cumpran os requisitos establecidos nos artigos 13, 19 e 20 do devandito real decreto.

Considerando que o Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo, fixa no ano 2000-2001 o límite para cumprimento dos centros citados dos requisitos mínimos de instalacións e condicións materiais que se establecen no R.D. 389/1992, do 15 de abril.

Vista a Lei orgánica 1/1990. do 3 de outubro de ordenación xeral do sistema educativo, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, o Real decreto 389/1992, do 15 de abril e o Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo.

Esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar ó centro que se recolle no anexo par imparti-las ensinanzas de grao medio de música establecidas na Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo.

Segundo.-A devandita autorización ten carácter provisional, e debe o centro adapta-las súas instalacións e condicións materiais ós requisitos mínimos establecidos no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, antes do ano académico 2000-2001.

Terceiro.-O centro mencionado queda adscrito, para efectos administrativos, ó conservatorio superior de música da Coruña.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Denominación: Obradoiro.

Titular: Promotora Educativa Coruñesa, S.L.

Domicilio: r/ Feáns nº 152.

Localidade: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Ensinanzas autorizadas: grao medio de música.

95-05847