Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 18 de setembro de 1995 Páx. 7.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto para a redacción de proxecto básico e de execución da reforma do Hospital Nicolás Peña de Vigo (Pontevedra).

Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución.

Obra: reforma do Hospital Nicolás Peña de Vigo (Pontevedra).

Orzamento de honorarios: 21.346.563 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 4, categoría b.

Fianza definitiva: non se esixe.

Exposición de documentación :

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos), edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores:

Os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do PCAP.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 1995.

P.D. (Decreto 199, do 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1995

(Decreto 335/1994, do 3 de novembro,

DOG do 10 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 300 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 600 pesetas/liña de 54 espacios.