Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.022

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE AUTÓNOMA DA REXIÓN DE MURCIA

NOTIFICACIÓN de resolución (expediente 15161).

Pola presente notificación poño en coñecemento de Transportes Marlui, S.L. que en virtude do expediente nº 4755/1994 resolto pola Dirección Xeral de Transportes e Portos se lle impón unha sanción de 250.000 ptas. polos seguintes feitos:

Feitos: transportar cartón desde Alacante ata Almería carecendo de tarxeta de transportes. Leva distintivo traseiro nacional con fondo vermello Almería.

Norma infrinxida: Art. 140 A) Lei 16/1987, 30-VII.

Art. 197 A) R.D.- 1211/1990, 28-IX.

Precepto sancionador: Art. 143 Lei 16/1987, 30-VII.

Natureza da sanción: moi grave.

E para que conste e sirva de notificación legal nos termos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ó resultar descoñecido no seu domicilio Estatuto de Galicia, 41, Boiro, insírese a presente notificación no Diario Oficial de Galicia facéndolle saber ó interesado o dereito que o asiste de interpoñer recurso ordinario no prazo de un mes, a partir do seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Medio Ambiente, nos termos dos artigos 122 e seguintes da Lei de procedemento administrativo.

Vicente Reche Capel

Director xeral de Transportes e Portos