O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contado a aprtir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de granito Vilachá, situada nos montes de Curiscada e Regata, parroquia de Vilachá de Mera, concello de Lugo.
Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase a disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:
* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.
* Concello de Lugo.
Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.
Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alega
cións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1995.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Comisión Galega do Meduio Ambiente
5877