Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 7.009

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (505/1984).

Nos autos de xuízo declarativo de menor contía que co nº 505/1984 se seguen neste xulgado por instancia de Manuel Pandelo López e outros, representados polo procurador Regueiro Muñoz, contra Manuel Piñeiro Yáñez, representado pola procuradora Regueiro Muñoz e contra Tomás Liñeira Bande e María García Buján e outros, sobre declaración de dereitos e nulidade de contrato, polo codemandado Piñeiro Yáñez, citouse de evicción os tamén codemandados María García Buján, así como os seus fillos Tomás, Manuel, Julia, Carmen, Pilar, Benedicto e Gloria Liñeira García por falecemento do demandado Tomás Liñeira Bande; e por resolución do día da data acordouse citar, por

medio da presente, os mencionados que non residan no domicilio familiar, sito en Santa Uxía, no concello de Toques, así como os herdeiros descoñecidos e incertos de Tomás Liñeira Bande, co fin de que no prazo de dez días comparezan nos autos en debida forma, con apercibimento de que de non verificalo sufrirán os prexuízos correspondentes legalmente.

Santiago de Compostela, quince de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

(Rubricado)

95-5291