Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 15 de setembro de 1995 Páx. 6.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 197/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Liña eléctrica subterráneo-aérea de media tensión, a 20 kV, en dobre circuíto, baixo tubo de 138 m, de lonxitude e aérea de 2.131 m de lonxitude, sobre apoios metálicos e de formigón, conductores R.H.V. 12/20 kV, de 240 mm Al e LA-110, con orixe na subestación de Sada e remate nas liñas San Marcos-Arillo e liña a C.T. Consistorio. Sada e Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos minis

terios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 26 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-05822