Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 13 de setembro de 1995 Páx. 6.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1995, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público por procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de aparellos para o tratamento da información, con destino a este complexo hospitalario (C.P. 5/1995).

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Subministración: aparellos para o tratamento da información (expediente C.P. 5/1995).

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou a totalidade dos lotes nos que se divide o obxecto do contrato.

Orzamento de licitación á totalidade dos lotes: trece millóns novecentas setenta e cinco mil pesetas (13.975.000) IVE incluído.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: 30 días, contados a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, e demáis documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, r/ Ramón Puga, 52, (edificio administración, planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 13 horas.

Fianza provisional: 2% do importe de licitación correspondente ó lote/s a que se concorra. Deberá ser depositada previamente á licitación nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. No caso

de ser constituída mediante aval, será suficiente a inclusión da póliza de entidade financieira pola que se formalice o aval.

Fianza definitiva: será do 4% do orzamento de licitación correspondente ó lote/s dos que resulte adxudicatario.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á dirección-Xerencia do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

A solvencia técnica acreditarase cos seguintes medios:

a) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estas.

b) Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

c) Indicación dos técnicos ou das unidades técnicas, integradas ou non na empresa, participantes no contrato, especialmente daqueles encargados do control de calidade.

d) Mostras, descricións e fotografías dos productos para subministrar.

e) Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados encargados do control de calidades e que acrediten a conformidade de artigos ben identificados coa referencia e certas especificacións ou normas.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 30 de agosto de 1995.

Pedro A. Soler Bordoy

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense