Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.914

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 237/1995, do 28 de xullo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto, dun terreo sito na parroquia de Torás, termo municipal de Laracha (A Coruña), feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun centro de ensino secundario.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 155, do 14 de agosto, compre face-las seguintes correccións:

-No parágrafo primeiro do artigo 1º onde dí: «... ó sur, resto da leira matriz de María Mercedes Piñeiro Caramés; ó leste, José Zás, Josefa Berdía e camiño público; e ó oeste, camiño público e leiras de Fernando Mallo e herdeiros de Piña Varela.», debe dicir: «... ó sur, resto do predio matriz de María Mercedes Piñeiro Caramés; ó leste, José Zas, Josefa Berdía e camiño público; e ó oeste, camiño público e predios de Fernando Mallo e herdeiros de Piña Varela.».

-No parágrafo segundo onde dí: «... leira nº 15.724.», debe dicir: «... predio nº 15.724.».

95-05422