Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras que se citan (expediente X-3246 e nove máis).

Por Resolución do 10 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-las obras ás empresas:

1. Mellora da capa de rodadura en camiños do concello de Quintela de Leirado (Ourense): X-3246.

Hordescon, S.L., importe de adxudicación: 5.518.578 pesetas.

2. Mellora da capa de rodadura do camiño de Penosiños-Vilameá-Rubiás (concello de Ramirás-Ourense): X-3227.

Mateo y Freire, S.L., importe de adxudicación: 20.200.000 pesetas.

3. Mellora da capa de rodadura en camiños e pavimentación de núcleos no Corgo (Lugo): X-3254.

Viales y Construcciones, S.A., importe de adxudicación: 47.885.362 pesetas.

4. Mellora da capa de rodadura en camiños de Hedreira-Portela da Cruz, Avión-Beresmo e acceso á área recreativa (concello de Avión-Ourense): X-3253.

Jesús Castro Construcciones, importe de adxudicación: 20.699.750 pesetas.

5. Acceso de parada á estrada de Baldrei (concello de Maceda-Ourense): X-3090.

Mateo y Freire, S.L., importe de adxudicación: 7.900.000 pesetas.

6. Reparación do camiño de Paradela a Cabeza de Manzaneda concello de Manzaneda-Ourense): X-3196.

Hordescon, S.L., importe de adxudicación: 8.684.919 pesetas.

7. Mellora da capa de rodadura do camiño de C.P. que une as zonas de Codosedo, Cortegada, Pena-Morgade-Trandeiras e Xinzo de Limia (concello de Sarreaus e Xinzo de Limia-Ourense): X-3094.

Excavaciones, Transportes y Construcciones, S.A. (EXTRACO), importe de adxudicación: 55.472.000 pesetas.

8. Mellora da capa de rodadura dos camiños C-1 e C-10 da lagoa de Antela (concellos de Vilar de Barrio, Sarreaus e Sandiás-Ourense): X-3118.

Excavaciones, Transportes y Construcciones, S.A. (EXTRACO), importe de adxudicación: 21.969.000 pesetas.

9. Pavimentación de viais no concello de Frades (A Coruña): X-3169.

Construcciones Leonardo Minguélez, S.L., importe de adxudicación: 16.632.875 pesetas.

10. Reparación de caminos de concentración parcelaria nas parroquias de Dombodán e Castañeda (concello de Arzúa-A Coruña): X-3141.

Jesús Castro Puente, importe de adxudicación: 14.299.750 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 1995.

P.D. (Orden 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario general de la Consellería de Agricultura, Ganadería y Montes

5771