Obxecto: Unidade de Resonancia Magnética e TAC. Hospital Xeral-Vigo (Pontevedra).
Orzamento de honorarios: 2.122.339 ptas.
Prazo de execución: 1 mes.
Clasificación do contratista: non se esixe.
Fianza definitiva: non se esixe.
Forma de tramitación: urxente.
Exposición de documentación:
Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) Edificios Administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 14 horas.
Prazo de presentación de proposicións:
Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deben presenta-los licitadores:
Os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do PCAP.
Apertura de proposicións:
Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.
Anuncios:
Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 1995.
P.D. (Decreto 199, do 16-06-1994)
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos
95-05779