Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 07 de setembro de 1995 Páx. 6.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

EDICTO.

Acordo da Comisión de Goberno do concello de Santa Comba polo que se anuncia concurso para a contratación da obra realización iluminacións públicas en distintos lugares do concello de Santa Comba.

Obxecto: o obxecto do contrato é a realización do proxecto realización iluminacións públicas en distintos lugares do concello de Santa Comba.

Tipo de licitación: 6.205.161 pesetas, (IVE engadido).

Prazo de execución: 1 mes.

Forma de licitación: o contrato adxudicarase mediante concurso con procedemento aberto.

Prazo e lugar de presentación de proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello de Santa Comba, de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Apertura de proposicións: celebrarase na Casa do Concello, ás 12 horas, do segundo día hábil seguinte ó do término da presentación de proposicións.

Fianza provisional: 124.103 pesetas.

Fianza definitiva: 248.206 pesetas.

Modelo de proposicións:

«Don/Dona..., con domicilio en..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa), nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº..., e con domicilio en..., nº..., teléfono...) toma parte no concurso por procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..., e para tales efectos fai constar:

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

1. Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que acompaña a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 1995.

O licitador (asinado e rubricado)».

Modelo de sobre:

«Proposición para tomar parte na contratación das obras de... presentada por...

En..., ... de... de 1995.

O licitador (asinado e rubricado)».

Prego e proxecto: poderán consultarse na Casa do Concello durante as horas de oficina.

Santa Comba, 30 de agosto de 1995.

José Toja Parajó

Alcalde