Pola Resolución do 15 de maio de 1995 aprobouse un gasto de 90.177.264 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de subministración, entrega e instalación de diverso material mobiliario e didáctico con destino ás facultades de Camiños e Informática da Coruña e Escolas Politécnicas de Ferrol, dependentes desta consellería. (Expte. 13/1995).
Anunciouse a contratación da referida subministración no Diario das Comunidades Europeas, Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado, taboleiro de anuncios e prensa.
Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a mesa de contratación en data de 4 de agosto de 1995, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora, esta consellería,
RESOLVEU:
Primeiro.-Adxudica-lo mencionado material da seguinte forma:
Segundo.-O prazo de entrega e instalación deste material será de un mes contado desde a sinatura do contrato.
Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 1995.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
5743