Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 07 de setembro de 1995 Páx. 6.845

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 169/1995, do 16 de xuño, polo que se regulan os rexistros de altos cargos da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na publicación do Decreto 169/1995, do 16 de xuño, producida no DOG nº 117, do 20 de xuño pasado, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 4.637, artigo 2º, apartado 4, onde di: «...nos tres meses seguintes á data de toma de posesión nalgún dos cargos públicos enumerados no apartado 1 deste artigo.», debe dicir: «...nos tres meses seguintes á data de toma de posesión nalgún dos cargos públicos enumerados nos apartados 1 e 2 deste artigo.»

Na páxina 4.638, disposición adicional terceira, apartado 4, onde di: «Unha vez realizada a información preia á Inspección Xeral de Servicios da Xunta de Galicia elevará...» debe dicir: «Unha vez realizada a información previa a Inspección Xeral de Servicios da Xunta de Galicia elevará...»

95-5324