Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración dun equipo de radioloxía vascular con destino ó Complexo Hospitalario Xeral Calde de Lugo (SCC 32/1995).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde. Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo de San Caetano, bloque 2, andar 2º, en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 62. Fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Xeral Calde de Lugo.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: un equipo de radioloxía vascular.

-Orzamento total: noventa millóns de pesetas (90.000.000 de ptas.) IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: a totalidade. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente exposto: 30 días a partir da data de notificación da adxudicación.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 13-10-1995.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 20-10-1995.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 31-10-1995, ás 10 horas, nas dependencias do Servicio Galego de Saúde.

8. Fianzas e garantías esixidas: provisional, 1.800.000 pesetas. Definitiva, 3.600.000 pesetas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan. ver prego de cláusulas administrativas particulares.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

10. Forma xurídica que deberá aporta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la a enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características do equipo ofertado: ata 10 puntos.

2. Características do servicio técnico: ata 8 puntos.

3. Obras de acondicionamento: ata 8 puntos.

4. Opcións incluídas: ata 8 puntos.

5. Prezo ofertado: ata 6 puntos.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 29-18-1995.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos