Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1995, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte, pola que se anuncia concurso publico, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a subministración de un ecógrafo e un equipo portátil de raios (C.P. 2/1995).

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f) do artigo 7º da orde de 15 de setembro de 1994, (DOG nº 191 do 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite de urxencia, para a subministración de un ecógrafo e un equipo portátil de raios.

I.-Obxecto e orzamento: a subministración de un ecógrafo e un equipo portátil de raios para o Hospital Comarcal de Monforte, por un orzamento máximo de dezaseis millóns de pesetas (16.000.000).

II.-Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

III.-Prazo de execución: 30 días a partir da data da notificación da adxudicación.

IV.-Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas técnicas, e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, r/ Corredoira, s/n, 27400 Monforte de Lemos, teléfono (982) 41 79 18, fax (982) 40 40 06, en días laborables das 9 ata as 14 horas.

V.-Fianzas: a fianza provisional non se precisa.

A fianza definitiva será do catro por cento de orzamento, e deberá constituírse segundo o disposto no artigo 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VI.-Clasificación: non se precisa.

VII.-Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG, cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día.

VIII.-Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa á dirección médica do hospital, ás 12.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

IX.-Documentación que deberán aporta-los licitadores: deberán aporta-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

X.-Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Monforte de Lemos, 8 de agosto de 1995.

Eleuterio López Louzao

Director médico do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos

95-5786