Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4351 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio formigón nº 18 L.M.T. a C.T. Xuriz.

Final: C.T. proxectado.

Situación do transformador: Perros.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 1.183 metros, con conductor LA-56, en apoios de formigón. Centro de transformación aéreo de 50 kVA, 20.000/400-321 ± 5% V. Rede de baixa tensión cunha lonxitude de 50 metros, con conductor R.Z.-0,6/1 kV 95, para mellora do servicio eléctrico no lugar de Perros, no Concello de Guntín.

Orzamento: 4.741.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 4 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5319