Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.822

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de xullo de 1995 sobre autorización de apertura dunha sucursal da axencia de viaxes Club de Vacaciones, S.A., sita na rúa Compostela, número 8-3º da Coruña.

Visto o expediente instruído por instancia de Antonio Caldeiro Téllez, na súa calidade de representante da axencia de viaxes Club de Vacaciones, S.A., C.I.C. MA nº 2 de orde, do grupo maiorista, en solicitude do establecemento na r/ Compostela, nº 8-3º da Coruña, dunha sucursal da devandita axencia con sede central en Madrid, na r/ Pedro Muñoz Seca, nº 2.

Resultando que entre a documentación achegada coa referida solicitude existe unha copia do contrato de alugamento do local e unha copia do contrato de prestación de servicios entre a axencia e a persoa que exercerá o cargo de director, e copia da documentación acreditativa da dispoñibilidade do local.

Resultando que o director está legalmente capacitado para desempeña-lo dito cargo.

Resultando que da análise do expediente conclúese que Club de Vacaciones, S.A. dispón dunha fianza suficiente segundo o establecido no artigo 15 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Considerando que o Servicio de Inspección emitiu informe sobre o estado e equipamento do local e acreditando que reúne as condicións suficientes para poder exerce-la actividade de sucursal de axencia de viaxes.

Considerando que no trámite do expediente se cumpriron as formalidades de rigor e se xustificaron tódolos extremos que fixan o artigo 5, apartados b), c), d); e os artigos 10 e 15 do citado decreto.

Considerando os antecedentes expostos, disposicións legais invocadas e demais normas de aplicación.

Esta consellería resolve autorizarlle á axencia de viaxes Club de Vacaciones, S.A. con sede central en Madrid, na r/ Pedro Muñoz Seca, nº 2, o establecemento dunha sucursal na r/ Compostela, nº 8-3º da Coruña, quedando inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

95-5705