Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 05 de setembro de 1995 Páx. 6.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lugo e Ourense, con anexos: V-1498; XG-090.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o 27 de xuño de 1995, resolveu outorgar, con carácter definitivo á empresa Eleuterio López e Cía, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lugo e Ourense, con anexos: V-1498; XG-090, por substitución da concesión entre Lugo e Ourense, con anexos, V-1498; XG-090, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I.-Itinerarios e puntos de parada.

* Lugo, Calde, A Veiga, Guntín, Meixaboi, Camporredondo, Cruceiro, As Neves, Taboada, Chantada, Soilán, A Barrela, Casares, Pitón, Reádegos, Gándara Longa, Cambeo, Gustei, Cudeiro e Ourense.

* Alto do Hospital, Gonzar, Cabanas, Cortapezas e Portomarín.

* Guntín, Entrambasaugas, Sirvián, Goián e San Román da Retorta.

II.-Expedicións.

Ourense-Lugo (95 km)

* Cinco expedicións de ida e volta os días laborables.

* Tres expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

Ourense-Chantada (38 km)

* Unha expedición sinxela diaria, agás sábados.

Chantada-Ourense (38 km)

* Unha expedición sinxela diaria, agás domingos.

Lugo-San Román por Sirvián (30 km)

* Unha expedición de ida e volta os martes e os venres laborables.

Alto do Hospital-Portomarín (13 km)

* Unha expedición de ida e volta os martes e os venres laborables, en combinación co servicio base.

A Barrela-Chantada (10 km)

* Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos (20 setembro a 20 xuño).

Taboada-Chantada (14 km)

* Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos (20 setembro a 20 xuño).

III.-Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 7,75 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,29 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,1625 pesetas.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

95-05363